{"title":"Edicións Xerais","description":"\u003cp\u003eExplora los libros de Edicións Xerais, editorial del Grupo Anaya, en Tienda eLibro.\u003c\/p\u003e","products":[{"product_id":"a-galicia-moderna-1880-1939-unha-sociedade-activa-unha-economia-innovadora-302485","title":"A Galicia moderna (1880-1939): unha sociedade activa, unha economía innovadora","description":"\u003cp\u003eA sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto en Galicia como en Europa, ao cal nos achegamos neste libro para poñer de manifesto o impacto dos grandes avances tecnolóxicos, a extensión das formas democráticas e os logros de benestar social, cando homes e mulleres procuraron partillar un poder vedado para a maioría. Un tempo, o daquela modernidade, que rematou co descenso ao fondo dos fascismos a resultas do golpe de Estado de 1936.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736702091482,"sku":"book:9788411107563","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302485_10130003.png?v=1793068401"},{"product_id":"dipnoi-302486","title":"Dipnoi","description":"\u003cp\u003eSabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan.\u003cbr\u003eMentres tanto, no territorio paralelo e anónimo da Rede, Dipnoi e LadyFolerpa manteñen unha relación intensa e profunda. Agochados tras a pantalla si son capaces de abrir a alma. O que non sospeitan é que, ao outro lado, se agocha alguén moito máis próximo do que imaxinan.\u003cbr\u003eUnha historia sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente; sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan, ou nos poden salvar.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736702124250,"sku":"book:9788411107662","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302486_10130008.png?v=1793068403"},{"product_id":"begona-ou-o-pracer-da-amizade-unha-biografia-de-begona-caamano-302487","title":"Begoña ou o pracer da amizade: unha biografía de Begoña Caamaño","description":"\u003cp\u003eBegoña Caamaño, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 2026, foi unha muller excepcional que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade. Nesta biografía novelada, catro voces míticas -Circe, Penélope, Morgana e Xenebra- reúnense para narrar a vida desta autora fundamental, desde a súa infancia en Vigo ata o seu papel clave na cultura galega contemporánea. Xornalista, activista e escritora, Begoña Caamaño loitou pola igualdade, a dignidade e a liberdade nunha Galicia en transformación, tecendo redes de amizade e compromiso. Un relato apaixonante que nos convida a descubrir a forza da amizade, a importancia da memoria e o poder das mulleres que, como Begoña, lles devolveron a voz ás esquecidas.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736707924186,"sku":"book:9788411107686","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302487_10130002.png?v=1793068405"},{"product_id":"alguen-ao-lado-302488","title":"Alguén ao lado","description":"\u003cp\u003eLuís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe.\u003cbr\u003eEsa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente. \u003cbr\u003e«Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse. \u003cbr\u003eXabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736707956954,"sku":"book:9788411107709","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302488_10140002.png?v=1793068406"},{"product_id":"millennialismo-ou-satira-dunha-xeracion-302489","title":"Millennialismo ou sátira dunha xeración","description":"\u003cp\u003e#challenge: apaga o móbil un par de horas, concentra ese cerebro virtualizado que tes e adéntrate nunha intranet de versos sen \"postureo\" nin filtros.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736707989722,"sku":"book:9788411107716","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302489_10130002.png?v=1793068406"},{"product_id":"tempo-de-correspondencia-302490","title":"Tempo de correspondencia","description":"\u003cp\u003eXurdido do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra. \u003cbr\u003eSe a maior capacidade da palabra é a de contar, os autores destes textos cóntanse un ao outro, e nese acto enfíase un posible sentido do existir, da amizade, da literatura como paixón e como forma de vida, da música e do cinema, das lecturas, da infancia no tempo pasado e dos proxectos do tempo futuro. Mais tamén se reflexiona sobre a inmensa escuridade do tempo presente, sobre a depresión como pozo, como Negra Sombra rosaliana. \u003cbr\u003eTalvez o noso maior acto de xenerosidade co resto das persoas sexa estarmos dispostos a comprender; mais para comprender é preciso comunicar. Estas cartas, xa que logo, representan por si mesmas esa posibilidade de darse, de entenderse, e esgazan o espírito dogmático do século: a barbarie.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736708022490,"sku":"book:9788411107723","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302490_10140001.png?v=1793068410"},{"product_id":"mana-cando-sexamos-luns-302491","title":"Mañá, cando sexamos luns","description":"\u003cp\u003eUn xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendida a súa rutina co asasinato dun dos seus empresarios senlleiros. Unha cidade que é narrada por unha voz que son moitas voces e protagonizada por varias historias que se acaban confundindo. \u003cbr\u003e«Mañá, cando sexamos luns» é un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea. Unha novela onde a emigración, a soidade e a resistencia se converten nas verdadeiras protagonistas dunha narración que explora os límites entre a supervivencia e a dignidade.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736713822426,"sku":"book:9788411107778","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302491_10130003.png?v=1793068411"},{"product_id":"principio-de-superposicion-premio-anxel-fole-de-narrativa-302492","title":"Principio de superposición: premio Ánxel Fole de Narrativa","description":"\u003cp\u003eSofía López Fiz desaparece. Para atopar a verdade detrás da súa ausencia, deberás escoitar as múltiples voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras de clase, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía a través dos poemas do seu caderno.\u003cbr\u003e«Principio de superposición» é unha novela polifónica e trepidante. Unha crónica sobre o acoso escolar, a identidade, as amizades que salvan e que traizoan e os silencios que agochan as feridas máis fondas.\u003cbr\u003eFran Fernández Davila mestura narrativa e poesía nunha lectura que explora a fraxilidade adolescente e nos enfronta a unha pregunta estarrecedora: canto coñecemos de verdade a quen temos a carón de nós?\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736713855194,"sku":"book:9788411107808","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302492_10140002.png?v=1793068413"},{"product_id":"requiem-premio-johan-carballeira-de-poesia-302493","title":"Réquiem: premio Johán Carballeira de Poesía","description":"\u003cp\u003eOs versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o poema convértese nun canto colectivo á dignidade, á loita e á permanencia da lembranza fronte ao esquecemento.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736713887962,"sku":"book:9788411107822","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302493_10130006.png?v=1793068413"},{"product_id":"o-pazo-das-marismas-302494","title":"O Pazo das Marismas","description":"\u003cp\u003eDurante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes.\u003cbr\u003eCun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736713920730,"sku":"book:9788411107877","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302494_10140002.png?v=1793068416"},{"product_id":"a-zapateira-mecanica-302495","title":"A zapateira mecánica","description":"\u003cp\u003eA Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira. Co seu enxeño, os zapatos do barrio comezan a facer cousas extraordinarias. A xente amoréase para conseguir cita con Lucía, e esta convértese, sen pretendelo, na mellor zapateira... mecánica! Entre tortas de mazá e festas secretas cos compañeiros na antiga fábrica, Lucía descobre que, ás veces, os cambios traen sorpresas inesperadas.\u003cbr\u003eUnha historia de superación, chea de humor, enxeño e compañeirismo.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736719720666,"sku":"book:9788411107907","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302495_10130005.png?v=1793068417"},{"product_id":"as-malas-ideas-302496","title":"As malas ideas","description":"\u003cp\u003eElías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.\u003cbr\u003eMaría Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736719753434,"sku":"book:9788411107921","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302496_10140002.png?v=1793068419"},{"product_id":"criaturina-302497","title":"Criaturiña","description":"\u003cp\u003eUlises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica: vampiros, cans desaparecidos, persecucións de Papá Noel e trufas de bacallau que poden cambiar o destino das persoas. Entre cartas, malentendidos e moito humor, Ulises e o Efebeí, xunto coa resabida Sabina, deberán resolver un misterio que mestura o absurdo co extraordinario. Unha aventura trepidante para rir a esgalla.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736719786202,"sku":"book:9788411108089","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302497_10130004.png?v=1793068420"},{"product_id":"tina-eu-razon-302498","title":"Tiña eu razón","description":"\u003cp\u003eUnha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro. \u003cbr\u003eOs relatos de «Tiña eu razón» desvelan o que se agocha baixo a superficie do cotián, amosan como o día a día pode verse alterado por un detalle insignificante, exploran a inquedanza, a ansiedade que se vai instalando pouco a pouco, ou o que non se di pero todo o mundo sabe. \u003cbr\u003eVictoria Pinal sitúanos como lectores fronte ao improbable e o inexplicable, que poden aflorar en calquera momento para invadirnos, esvaecendo os límites da realidade e abrindo unha porta aos medos que nos espreitan cando quedamos a soas.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736725586138,"sku":"book:9788411108096","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302498_10130008.png?v=1793068423"},{"product_id":"pai-302499","title":"Pai","description":"\u003cp\u003eDesde a tenrura, a ilusión e a reflexión, «Pai» explora a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. As preguntas, as dúbidas, os medos e os descubrimentos do fillo e do pai vanse abrindo camiño nunha viaxe compartida como un xogo serio que moldea as súas vidas. \u003cbr\u003e«Pai» ofrece unha perspectiva que renuncia aos privilexios masculinos tradicionais e propón un modelo alternativo baseado na ruptura de estereotipos e no compromiso social e emocional.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736725618906,"sku":"book:9788411108119","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302499_10130005.png?v=1793068423"},{"product_id":"pantasmadas-302500","title":"Pantasmadas","description":"\u003cp\u003eO avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan. Conseguirá Seronio quedar no seu fogar? Poderase salvar Treboeiro do esquecemento?\u003cbr\u003eUnha aventura fantasmal chea de diversión e sorpresas sobre os vínculos que nos atan aos lugares e ás persoas que amamos.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736725651674,"sku":"book:9788411108126","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302500_10130003.png?v=1793068425"},{"product_id":"timbrol-e-a-pega-e-os-demais-302501","title":"Timbrol e a pega (e os demais)","description":"\u003cp\u003eCando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol. E unha pega, sempre unha pega, a axexar as vidas de Timbrol e dos demais. E ela, como non, tamén ten a súa propia versión da historia. En nove relatos entrelazados, cóntanse, con humor e un chisco de crueldade, as vidas de Timbrol e doutros inadaptados que só desexan atopar o seu lugar no mundo.\u003cbr\u003eUn libro sobre a identidade cheo de fantasía e tenrura, que pescuda se realmente as nosas historias son tan nosas como nos gusta crer.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736725684442,"sku":"book:9788411108133","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302501_10130007.png?v=1793068427"},{"product_id":"cancara-302502","title":"Cáncara","description":"\u003cp\u003eOutubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». \u003cbr\u003eA partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe os feitos reais. «Cáncara» é unha novela que serpea entre a fábula, a crónica, a lenda, a sátira, a memoria e a narrativa contemporánea, converténdose nunha historia que afunde as súas raíces na crítica social e que se conforma como unha radiografía das transformacións sociopolíticas actuais. \u003cbr\u003eEn «Cáncara», Fran Alonso logra crear unha atmosfera metafórica, lendaria, onírica, mítica e humorística onde se reflexiona sobre o poder, a comunicación e a nosa relación co medio natural. A través das súas páxinas, dilúense as fronteiras entre a realidade e a ficción, creando un espazo en que as voces dos personaxes relatan unha historia que vai moito máis alá do anecdótico.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736731484378,"sku":"book:9788411108140","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302502_10130000.png?v=1793068428"},{"product_id":"o-misterio-dos-gatos-rosas-302830","title":"O misterio dos gatos rosas","description":"\u003cp\u003eSil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas... o misterio está servido! Xunto á súa amiga Alba, o inseparable Sultán e o inesperado Coco (un cadeliño con moita enerxía e peidos tan fedorentos que fan desmaiar os paxaros), Sil lánzase a investigar. Quen está detrás do inexplicable misterio dos gatos rosas? \u003cbr\u003eUnha aventura inesquecible que combina risas, amizade e un toque de ciencia ficción.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736731517146,"sku":"book:9788411108218","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302830_13190011.png?v=1793068430"},{"product_id":"pacto-de-silencio-302831","title":"Pacto de silencio","description":"\u003cp\u003eCando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as ameazas á xente da súa contorna multiplícanse e as sombras do «Caso Compostela» revelan unha rede de narcotráfico, corrupción e deslealdades que conecta o presente co pasado. A hostilidade policial, a relación cos veciños da vila e as súas propias obsesións obrigan a Sofía a tomar decisións moi difíciles para intentar coñecer a verdade do acontecido. \u003cbr\u003eNa súa primeira novela, Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736731549914,"sku":"book:9788411108225","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302831_13190011.png?v=1793068432"},{"product_id":"hoxe-toca-leiva-302832","title":"Hoxe toca Leiva?","description":"\u003cp\u003eSam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna. O propietario do Nautilus acompaña un amigo músico ante un suceso inesperado que poñerá a proba unha amizade complexa. Unha escritora de éxito asiste cunha amiga á rodaxe dunha película baseada nunha novela súa. Alí coñecerán o actor protagonista, quen busca sobrevivir aos seus conflitos interiores. Unha poeta arrastra feridas recentes e dubida se aceptar unha proposta para asistir aos concertos da noite. O pai da escritora, enfermo, fai memoria da súa vida e da militancia política nos últimos setenta. E entre todo isto, un rumor: ese día Leiva actuará na zona. Pero onde?\u003cbr\u003eEsta novela de Lois Pérez soa con música a todo volume e nela cítanse o anhelo, a memoria, o desexo, o amor, a enfermidade ou o conflito. Tamén, a esperanza, a introspección e grandes doses de humor.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736737349850,"sku":"book:9788411108232","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302832_13190005.png?v=1793068434"},{"product_id":"as-esquinas-v-premio-pinto-e-maragota-pola-diversidade-sexual-e-de-xenero-302833","title":"As esquinas: V Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero","description":"\u003cp\u003eEntre a depresión que o devora e as esquinas contra as que golpea o seu corpo para sosegar a dor emocional, o protagonista desta novela intenta sobrevivir no medio dun caos de relacións rotas e adiccións. Busca desesperadamente un lugar ao que pertencer e aférrase ao desexo e á esperanza fráxil dun amor que podería salvalo ou, se cadra, destruílo definitivamente. \u003cbr\u003e«As esquinas» é unha novela poliédrica onde se manifestan os efectos da violencia de xénero a través dunha exploración profunda dos traumas familiares e da loita pola identidade. As múltiples voces narrativas, que ademais de persoas inclúen animais ou mesmo obxectos inanimados, configuran un universo cru e poético onde o sufrimento e a resiliencia conviven en cada espazo e en cada lembranza.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736737382618,"sku":"book:9788411108249","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302833_13190009.png?v=1793068435"},{"product_id":"o-lado-nobre-x-premio-de-novela-curta-cidade-centenaria-de-ribeira-302834","title":"O lado nobre: X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira","description":"\u003cp\u003eCando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación. \u003cbr\u003eIrene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles. \u003cbr\u003e«O lado nobre» é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736737415386,"sku":"book:9788411108256","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302834_13190003.png?v=1793068437"},{"product_id":"21-dias-de-arnela-302835","title":"21 días de Arnela","description":"\u003cp\u003eArnela, unha adolescente activista vegana, é internada nun centro de protección tras unha acción nunha cadea de hamburguesas. Durante vinte e un días, afronta a adaptación ás normas do centro, as relacións con outros residentes e a difícil reconstrución do vínculo materno.\u003cbr\u003eAs relacións con compañeiros como Briana, Charity e especialmente Ronin -un mozo trans con quen establece unha conexión especial- serven de espello para o autocoñecemento e a súa evolución emocional.\u003cbr\u003eEscrita a xeito de diario, «21 días de Arnela» é unha historia de transformación, esperanza e aprendizaxe, que convida a reflexionar sobre os desafíos da adolescencia, a convivencia e a capacidade de atopar luz mesmo nos momentos máis escuros.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736737448154,"sku":"book:9788411108362","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302835_13190002.png?v=1793068439"},{"product_id":"goma-de-borrar-302836","title":"Goma de borrar","description":"\u003cp\u003eA través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos.\u003cbr\u003eUnha vivencia que se incuba silenciosamente no corpo e na mente, transformando a identidade da protagonista e alterando a súa percepción do mundo.\u003cbr\u003eUn acto de resistencia literaria que reclama a importancia de nomear, recordar e transformar o trauma en coñecemento compartido.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736743248090,"sku":"book:9788411108379","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302836_13190005.png?v=1793068440"},{"product_id":"a-eiruga-rabuda-302837","title":"A eiruga rabuda","description":"\u003cp\u003eNo corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre talentos propios que nunca imaxinara. Cando uns visitantes maleducados comezan a atormentar os seus amigos, a pequena eiruga terá que decidir: agocharse... ou loitar!\r\u003cbr\u003eUnha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736743280858,"sku":"book:9788411108386","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302837_13200820.jpg?v=1793068442"},{"product_id":"a-identidade-302838","title":"A identidade","description":"\u003cp\u003eUn personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder?\u003cbr\u003e«A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos e policiais. Historias localizadas en tempos e lugares moi diversos. Manuel Darriba segue a achegarse a temas de calado existencial, saltando entre xéneros e mesturándoos. Unhas teimas que o sitúan nas correntes heterodoxas e vangardistas da literatura galega.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736743313626,"sku":"book:9788411108393","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302838_13190001.png?v=1793068445"},{"product_id":"boundaries-road-302839","title":"Boundaries Road","description":"\u003cp\u003eBoundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos despois, Cecilia volve a aqueles días movida pola memoria dun obxecto, pola forza da nostalxia. \u003cbr\u003eCunha prosa sensorial e exuberante, «Boundaries Road» é unha novela sobre o baleiro e a alienación urbana, un estudo lúcido e lúdico sobre os lugares que ocupamos e nos ocupan, sobre as múltiples capas que agocha a pel humana.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736749113562,"sku":"book:9788411108416","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302839_13190010.png?v=1793068445"},{"product_id":"xardin-de-inverno-302840","title":"Xardín de Inverno","description":"\u003cp\u003eLedicia Costas mergúllase nunha viaxe íntima pola memoria, a identidade e as emocións para construír un universo propio cheo de simbolismo onde o xardín de inverno funciona como refuxio fronte á dor, á perda e á mala sorte herdada.\u003cbr\u003eA morte, o paso do tempo e a ausencia convértense en temas centrais, mais o poemario deixa tamén espazo para a esperanza, a fantasía e a reconstrución do eu a través da palabra e da imaxinación.\u003cbr\u003e«Xardín de inverno» é, pois, un exercicio de lembranza e de resistencia, un canto á importancia das raíces, das mulleres e da capacidade de soñar para sobrevivir aos invernos da vida.\u003cbr\u003ePublicado por primeira vez en 2012, esta edición na colección Fóra de xogo inclúe, ademais do poemario íntegro, un limiar de Lucía Aldao e outros poemas que a autora escribiu por aquela época.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736749146330,"sku":"book:9788411108423","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302840_13190002.png?v=1793068447"},{"product_id":"land-rover-302841","title":"Land Rover","description":"\u003cp\u003eDous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai volvendo cada vez máis negro. \u003cbr\u003eTodo estoupa cun Land Rover ás escuras, dúas siluetas proxectadas na parede e un golpe seco que cambiará para sempre o destino dos irmáns. \u003cbr\u003e«Land Rover» é unha novela brutal e hipnótica sobre feridas familiares que non dan curado. Volve este clásico moderno de Suso de Toro na súa máxima potencia narrativa. Entre o presente e un pasado que persiste como un maleficio.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736749179098,"sku":"book:9788411108430","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302841_13190003.png?v=1793068450"},{"product_id":"quero-ser-coma-vero-boquete-302842","title":"Quero ser coma Vero Boquete","description":"\u003cp\u003eO mundo de Lucía é silencio, regras e pantasmas:o seu pai converteu a casa nunha prisión, onde non se fala, non hai fotos de familia e, por algún motivo, o fútbol está prohibido. Pero ela non pode ignorar a fame polo xogo que lle formiga nas veas nin a lembranza dunha nai de quen só conserva unha fotografía secreta e chea de lama. Lucía terá que decidir se está disposta a arriscarse para conquistar o seu lugar dentro e fóra dun campo de fútbol.\u003cbr\u003eIX Premio Agustín Fernández Paz de Literatura Infantil e Xuvenil pola Igualdade\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736749211866,"sku":"book:9788411108454","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302842_13190003.png?v=1793068451"},{"product_id":"caput-mortuum-premio-lueiro-rey-de-poesia-302843","title":"Caput mortuum: premio Lueiro Rey de Poesía","description":"\u003cp\u003e«Caput Mortuum» é un libro que pensa o corpo, a linguaxe e o tempo desde a ruína ecolóxica, política, amorosa e textual. O título remite ao pigmento caput mortuum, tamén ao residuo alquímico, o que queda despois do lume no crisol, o resto aparentemente inútil, pero cargado de sentido. O poemario xira arredor desa idea de resto: árbores mortas ou catalogadas, amores en entretempo, xeracións esgotadas, linguaxes saturadas. A escrita parece preguntar que se pode facer co refugo, co que xa morreu, co que xa foi dito e volve prender na palabra.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736755011802,"sku":"book:9788411108461","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302843_13190000.png?v=1793068452"},{"product_id":"so-os-mortos-saben-a-verdade-premio-lueiro-rey-de-narrativa-302844","title":"Só os mortos saben a verdade: premio Lueiro Rey de Narrativa","description":"\u003cp\u003eA morte por atropelo de Elixio Figueiras vai alterar a rutina de Secundino Santalices, taxista xubilado de 81 anos que cada día completa co seu andador o quilómetro que separa a residencia onde vive do bar que frecuenta. Elixio, amigo inseparable da mocidade e desaparecido durante máis de cincuenta anos, chegara a Vilamarín de forma inesperada uns meses antes para avivar recordos que o vello taxista cría xa enterrados. \u003cbr\u003eCando aparece Alfredo Torres, detective de seguros encargado de investigar as circunstancias do accidente, Secundino vese obrigado a reconstruír a historia compartida co amigo: unha estraña relación marcada por lealdades rotas, segredos nunca confesados e unha sombra que os acompañou durante toda a vida. \u003cbr\u003eDurante un quilómetro de conversa, Secundino descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736755044570,"sku":"book:9788411108478","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302844_13190009.png?v=1793068454"},{"product_id":"unha-primavera-para-aldara-302845","title":"Unha primavera para Aldara","description":"\u003cp\u003eUnha primavera para Aldara» desenvólvese no interior dun mosteiro, na Galiza do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presenza masculina no convento; porén, Aldara, a abadesa, decide poñer por diante a misericordia e acoller o forasteiro. Mais esta decisión no convento serve como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón.\u003cbr\u003eEn palabras da autora, «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos \u003cbr\u003eque se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co estabelecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736755077338,"sku":"book:9788411108485","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302845_13190002.png?v=1793068457"},{"product_id":"os-tres-nomes-da-sartegua-302846","title":"Os tres nomes da Sartegua","description":"\u003cp\u003eElisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua». \u003cbr\u003eEntre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito. \u003cbr\u003eEn «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736760877274,"sku":"book:9788411108652","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302846_13190010.png?v=1793068457"},{"product_id":"nos-os-tolos-premio-xuventude-crea-302847","title":"Nós, os tolos: premio Xuventude Crea","description":"\u003cp\u003e«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta,  terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola tenrura, o humor e a resiliencia.\u003cbr\u003eAo mesmo tempo, Marta vai revelando a súa propia fraxilidade, convertendo o libro nun retrato coral e humano onde profesionais e pacientes comparten algo esencial: todos forman parte dese «nós» que intenta seguir adiante, acompañando e deixándose acompañar.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736760910042,"sku":"book:9788411108669","price":6.72,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302847_13190006.png?v=1793068459"},{"product_id":"o-derradeiro-gimlet-302848","title":"O derradeiro gimlet","description":"\u003cp\u003eSuspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, mentres o inverno insiste en recruar con intensidade. Todo vai ben durante os primeiros días. Amador esfórzase por manter unha rutina ordenada, goza da soidade correndo pola praia e revisa os erros cometidos no pasado. Pensa que axiña regresará á cidade convertido nun policía distinto, a salvo dos seus impulsos. Pero as cousas cambian cando coñece a Lola e Ismael, dous enigmáticos habitantes da zona, que o arrastrarán a tomar unha decisión insospeitada.\u003cbr\u003eCon homenaxes ao fatalismo de James M. Cain e ao romanticismo de Charles Williams, «O derradeiro gimlet» presenta unha historia onde se entrecuzan crime, desexo e amoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con aromas de «noir» clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736760942810,"sku":"book:9788411108676","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302848_13190009.png?v=1793068462"},{"product_id":"do-problema-do-galego-ao-galego-como-problema-o-discurso-linguistico-de-galicia-no-periodo-2007-2012-302849","title":"Do problema do galego ao galego como problema: o discurso lingüístico de Galicia no período 2007-2012","description":"\u003cp\u003e«A imposición do galego», «o equilibrio», «a liberdade de elección lingüística»... discursos coma este foron moi difundidos en Galicia nos últimos vinte anos, contribuíndo á creación dun marco no que se pasou de preocuparse polo «problema do galego» á visión do galego como un «problema» de seu. \u003cbr\u003ePara profundar na orixe e nas causas do éxito destes discursos, este libro analiza as entrevistas a algunhas das persoas protagonistas do debate lingüístico de Galicia no período 2007-2012. Este foi un dos momentos de maior controversia arredor das linguas de Galicia, fundamentalmente pola polémica xurdida coas políticas lingüísticas do goberno de coalición PSdG-PSOE\/BNG e do primeiro goberno de Núñez Feijóo (PPdG). \u003cbr\u003eA través destas voces, procedentes da política e do mundo asociativo e sindical, a obra reconstrúe as claves do debate lingüístico recente. Todo isto realizado dende a propia mirada crítica do autor, que defende a necesidade de políticas compensatorias para o galego que revertan á súa situación de desigualdade nun momento tan crítico para o idioma como o actual. \u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736766742746,"sku":"book:9788411108706","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302849_13190001.png?v=1793068463"},{"product_id":"onde-bate-o-mar-302850","title":"Onde bate o mar","description":"\u003cp\u003eEn diferentes puntos do litoral das Rías Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona. As sorprendentes coincidencias entre eles e as circunstancias das súas mortes provocarán moita confusión na investigación que levan a cabo o inspector Antúnez, da Policía Nacional de Vigo, e a tenenta Lomba, da Garda Civil de Baiona.\u003cbr\u003eO que nun inicio son dous accidentes no mar, axiña se revela como un quebracabezas de rancores, morte e vinganzas que percorren xeracións. O pasado viquingo da vila baionesa, unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas, un antigo e desgraciado naufraxio e un Porsche Panamera tecen unha trama da que emerxe a verdade, como un cadáver, cando cesa o temporal. \u003cbr\u003eRaquel Fernández constrúe en «Onde bate o mar» unha emocionante novela de intriga, onde a psicoloxía dos personaxes é perfilada con buril aguzado e onde o territorio é parte imprescindible da historia.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736766775514,"sku":"book:9788411108720","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302850_13190010.png?v=1793068466"}],"url":"https:\/\/tiendaelibro.com\/collections\/grupo-anaya-edicions-xerais.oembed","provider":"Tienda eLibro","version":"1.0","type":"link"}