{"product_id":"alguen-ao-lado-302488","title":"Alguén ao lado","description":"\u003cp\u003eLuís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe.\u003cbr\u003eEsa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente. \u003cbr\u003e«Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse. \u003cbr\u003eXabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736707956954,"sku":"book:9788411107709","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302488_10140002.png?v=1793068406","url":"https:\/\/tiendaelibro.com\/products\/alguen-ao-lado-302488","provider":"Tienda eLibro","version":"1.0","type":"link"}