{"product_id":"as-malas-ideas-302496","title":"As malas ideas","description":"\u003cp\u003eElías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.\u003cbr\u003eMaría Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736719753434,"sku":"book:9788411107921","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302496_10140002.png?v=1793068419","url":"https:\/\/tiendaelibro.com\/products\/as-malas-ideas-302496","provider":"Tienda eLibro","version":"1.0","type":"link"}