{"product_id":"cancara-302502","title":"Cáncara","description":"\u003cp\u003eOutubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». \u003cbr\u003eA partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe os feitos reais. «Cáncara» é unha novela que serpea entre a fábula, a crónica, a lenda, a sátira, a memoria e a narrativa contemporánea, converténdose nunha historia que afunde as súas raíces na crítica social e que se conforma como unha radiografía das transformacións sociopolíticas actuais. \u003cbr\u003eEn «Cáncara», Fran Alonso logra crear unha atmosfera metafórica, lendaria, onírica, mítica e humorística onde se reflexiona sobre o poder, a comunicación e a nosa relación co medio natural. A través das súas páxinas, dilúense as fronteiras entre a realidade e a ficción, creando un espazo en que as voces dos personaxes relatan unha historia que vai moito máis alá do anecdótico.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736731484378,"sku":"book:9788411108140","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302502_10130000.png?v=1793068428","url":"https:\/\/tiendaelibro.com\/products\/cancara-302502","provider":"Tienda eLibro","version":"1.0","type":"link"}