{"product_id":"hoxe-toca-leiva-302832","title":"Hoxe toca Leiva?","description":"\u003cp\u003eSam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna. O propietario do Nautilus acompaña un amigo músico ante un suceso inesperado que poñerá a proba unha amizade complexa. Unha escritora de éxito asiste cunha amiga á rodaxe dunha película baseada nunha novela súa. Alí coñecerán o actor protagonista, quen busca sobrevivir aos seus conflitos interiores. Unha poeta arrastra feridas recentes e dubida se aceptar unha proposta para asistir aos concertos da noite. O pai da escritora, enfermo, fai memoria da súa vida e da militancia política nos últimos setenta. E entre todo isto, un rumor: ese día Leiva actuará na zona. Pero onde?\u003cbr\u003eEsta novela de Lois Pérez soa con música a todo volume e nela cítanse o anhelo, a memoria, o desexo, o amor, a enfermidade ou o conflito. Tamén, a esperanza, a introspección e grandes doses de humor.\u003c\/p\u003e","brand":"Grupo Anaya - Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default","offer_id":67736737349850,"sku":"book:9788411108232","price":9.61,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0791\/3259\/0298\/files\/302832_13190005.png?v=1793068434","url":"https:\/\/tiendaelibro.com\/products\/hoxe-toca-leiva-302832","provider":"Tienda eLibro","version":"1.0","type":"link"}